Yohana Jiménez Quintela

Son Yohana Jiménez Quintela, rapaza xitana con 17 anos; fago boxeo ademais de seguir estudando. Nacín en Pontevedra e vivo en Marín, acabo de rematar unha formación de grado medio que cursei no CIFP A Xunqueira de Pontevedra, seguirei o próximo curso facendo un ciclo superior de Animación Sociodeportiva.

Acabo de recibir o recoñecemento da Xunta como deportista de alto nivel, xa que como boxeadora amateur son campioa de España junior 2021/22, campioa de España joven 2022/23 e campioa galega 2022/23. Orgullosa das miñas raíces, da miña bandeira e de poñer a nosa provincia no podium do boxeo amateur.

 

Biografía de Yohana Jiménez Quintela

Descargar

Biografías Relacionadas