Andrea García González

Andrea García González é unha pianista e cantante galega que se define a ela mesma como unha artista do máis versátil, acostumada a interpretar repertorio clásico, folk, pop, rock e indie. Na actualidade compaxina as súas actividades como intérprete coa de profesora de piano, canto e disciplinas teóricas en Quodlibet academia de música, centro que dirixe na cidade de Pontevedra.

Unha anécdota graciosa na miña vida como música está relacionada cos soños. Sempre imaxino metas a curto e medio prazo e pouco a pouco vexo que se van cumprindo. Creo que é importante soñar e traballar para lograr o que un desexa, sobre todo cando a xente do teu arredor agarda para ti outro tipo de metas. Nunca conformarse e remar na dirección que lle dita a cada un o corazón.

Biografía de Andrea García González

Descargar

Biografías Relacionadas