Carla Rivadulla

Carla, máis coñecida como Nana Rivadulla, é natural de Pontevedra con herdanza catalá. É profesora de danza en distintas escolas da cidade, directora do equipo galardoado ‘Aqvelarre Dance Crew’ e dedícase con moita paixón á dirección de escena e produción de eventos internacionais con artistas de todo o mundo.

Dende pequena, polo meu metro 50 de estatura, a sensación de danza era moi agridoce, facendo 15 anos de ballet cría que por culpa do meu corpo non chegaría a nada, e o pouco que chegara, non me permitira nin viaxar, nin coñecer aos mellores, etc. Estaba claro que non tiña nin idea do que estaba agardando por min nas Danzas Urbanas. Se a Nana adolescente puidese verme, choraría mares de felicidade. Pero se me preguntades, que é o mellor? O mellor é ter a capacidade de dirixir aos meus equipos e as miñas ideas tolas, con toda a creatividade que teño dentro, e facelo desde casa, desde Pontevedra. Se crees e loitas, os soños veñen a ti, porque ti, es máis que suficiente.

Biografía de Carla Rivadulla

Descargar

Biografías Relacionadas