María Montes

María traballa como auxiliar técnico veterinario e como ilustradora, a súa grande paixón. Con Irmá Paxaro, poemario de Tamara Andrés, gañou o premio ao mellor libro ilustrado na Gala do Libro Galego (2019).

No número 9 da rúa Andrés Muruais, o que agora é unha libraría e quiosco, de nome “Macania” hai uns anos, era a perruquería de cabaleiros do meu avó Eugenio. Os sábados pola mañá, meu pai adoitaba botarlle unha man e recordo que eu moitas veces pasaba o tempo alí dando voltas nos enormes sillóns xiratorios, lendo as aventuras do Tío Gilito nun libro encadernado cunhas tapas marmoladas negras e vermellas ou botando unha partida nun deses famosos xogos de auga nos que cando premías un botón, saía un chorro que movía unhas arandelas de cores que había que encaixar nuns casilleiros. Se o conseguías, dábaslle a volta e empezabas outra vez. Un dos clientes do meu avó, cada vez que coincidiamos na perruquería, referíase a min como “peidiño”. Igual a el lle facía moita gracia, igual que a min agora véndoo todo con perspectiva, pero naquel momento, eu, que non daba crédito a semellante atrevemento por parte dun home adulto, feito e dereito, quedei ferida para sempre no máis fondo do meu infantil orgullo.

Biografía de María Montes

Descargar

Biografías Relacionadas