Nomes no espazo público

Nomes no espazo público

Dentro da liña de traballo de emprego de nomes de mulleres para a denominación de espazos públicos: vías urbanas, prazas, parques e edificios públicos (centros de ensino, centros de investigación, bibliotecas…), encontramos as seguintes accións realizadas ou en proceso de realización:

  • Acordo plenario de 2015 * (ver listaxe máis abaixo).
  • Avenida Josefina Arruti.
  • Parque Amalia Álvarez.
  • Avenida María Victoria Moreno.
  • Novos nomes en decembro de 2018 (nova relacionada).
  • Rúa Virxinia Pereira (nova relacionada).
  • Rúas Ernestina Otero, Vasquida García e Dolores Trabado (nova relacionada).

* Pleno do concello de xullo de 2015

O Pleno do concello do mes de xullo de 2015 adoptou os seguintes acordos:

Propoñer o emprego de nomes de mulleres para a denominación de vías urbanas (rúas e prazas), parques, xardíns e edificios públicos.
Para esta finalidade empregarase a seguinte relación de nomes:

  • ERNESTINA OTERO SESTELO, profesora e pedagoga
  • DARÍA GONZÁLEZ GARCÍA, profesora e política
  • MERCEDES RUIBAL, pintora e escritora
  • MARÍA VICTORIA MORENO, profesora e escritora
  • MARÍA VINYALS, escritora e defensora do feminismo
  • AMALIA ARMESTO, pioneira da masonaría no século XIX, activista cultural
  • ELISA PATIÑO E MELÉNDEZ, primeira muller aviadora
  • VASQUIDA GARCÍA, menciñeira perseguida pola Inquisición acusada de bruxaría
  • MARÍA DEL CARMEN DEL VALLE DEL RÍO, mestra
  • DOLORES CALVIÑO, a señora Lola
  • DOLORES TRABADO, decana das taxistas
  • MARIA LUÍSA OLAÑETA BARROS, María a do Carrillo, empresaria
  • ISABEL BARRETO DE MENDOZA, navegante (século XVI)
  • TERESA PÉREZ FIOTA, benefactora, fundadora do Hospital do Corpus Christi (século XV)
  • ANA ÁLVAREZ DE MONTAOS, benefactora, fundadora da segunda cátedra de gramática no século XVI
  • JOSEFA IGLESIAS VILARELLE, mestra, pedagoga e escritora
  • ISOLINA MUÍÑOS BÚA, mestra e escritora
  • MARÍA E CONCEPCIÓN MENDOZA BABIANO MÉNDEZ NÚÑEZ, mestras, mecenas e dinamizadoras culturais
  • CARMEN BABIANO, debuxante, pintora e música
  • CÁNDIDA OTERO, primeira galega que exerceu profesionalmente a fotografía (finais do séc. XIX)
  • DOLORES LOIS SOTO, empresaria, viúva do dirixente socialista e impresor Ramiro Paz Carvajal
  • CARMEN E TERESA RIESTRA, intérpretes de música
  • OBDULIA PRIETO NESPEREIRA, pianista e compositora
  • MARTHA LEHMAN, pianista, compañeira de Manuel Quiroga
  • JOSEFINA BLANCO TEJERINA, actriz, compañeira de Ramón del Valle Inclán
  • SARHA ESCARPIZO LORENZANA, escritora
  • AURORA VIDAL MARTÍNEZ, escritora
  • VIRXINIA PEREIRA, compañeira de Alfonso Daniel Castelao, benefactora do Museo de Pontevedra
  • ENMA MOURÓN, compañeira do alcalde de Pontevedra Manuel García Filgueira, encarcerada
  • JOSEFINA ARRUTI VIAÑO, compañeira do alcalde de Pontevedra Bibiano Fernández Osorio Tafall, encarcerada e sometida a arresto domiciliario durante 3 anos, símbolo da solidariedade ao abrir o panteón familiar para o enterramento de numerosos represaliados.

Ademais da denominación de espazos públicos e edificios, as mulleres anteriormente citadas tamén poderán ser obxecto de recoñecemento mediante rótulos, inscricións e placas conmemorativas que se colocarán en lugares relacionados coa súa traxectoria vital.