Froitos
Froitos
Froitos de cinco anos de construción da memoria das mulleres
O Concello de Pontevedra inicia en decembro de 2013 o proxecto A memoria das mulleres, coa finalidade de construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres en Pontevedra.
Partimos do recoñecemento dunha realidade incuestionábel: a exclusión das mulleres do relato histórico e da memoria oficial. E da necesidade de corrixir esta discriminación mediante o estudo das fontes orais e escritas, así como mediante a construción dun novo relato que lle dese protagonismo e visibilidade ao papel das mulleres na historia do noso concello e de Galiza.
A web Do gris ao violeta é o resultado dun esforzo colectivo que nos permitiu reunir textos, nomes, vidas, fotografías, sons, novas… dunha historia das mulleres que organizamos en tres grandes ámbitos: as mulleres de clase traballadora; as creadoras; e as represaliadas polo franquismo.
Agardamos que os materiais aquí recollidos sexan unha ferramenta útil para cambiar a visión dominante e para abrir novas fiestras –sobre todo pedagóxicas- ao coñecemento e ao recoñecemento da historia das mulleres pontevedresas.
Liña do tempo de actividades do proxecto: