Obxectivos
Obxectivos do programa A memoria das mulleres
Ao longo de cinco anos de andaina desenvolvéronse diferentes liñas de actuación centradas nos seguintes obxectivos:
- Contribuír ao coñecemento e difusión da historia das mulleres no ámbito territorial do concello de Pontevedra.
- Elaborar un fondo documental, gráfico e audiovisual que sexa útil para a información, a consulta e a investigación sobre a materia.
- Elaborar unha enciclopedia virtual sobre as vidas das mulleres do noso concello ao longo dos tempos, procurando a visibilización das mulleres en xeral e atendendo de modo específico ás clases traballadoras.
- Promover a participación dos centros educativos no estudo e divulgación sobre as mulleres na historia de Pontevedra.
- Colaborar con todos os axentes sociais que traballan neste eido.
- Empregar as tecnoloxías da comunicación para divulgar os materiais e recursos dispoñíbeis.