- Biografía
- Audios
- Videos
Xornalista e apaixonada pola comunicación en calquera das súas vertentes, pero moi especialmente pola palabra, tanto oral como escrita
O que me trouxo a Pontevedra foi o amor e aquí sigo 15 anos despois, con tres fillos e unha carreira profesional que me permite desenvolverme, gozar e conciliar. Aínda que recoñezo que me custou un pouco adaptarme, hoxe en día non me vexo vivindo en ningún outro lugar. Encántame esta cidade porque casa moi ben coa miña maneira de ver a vida: aberta e tranquila pero, á vez, activa e con multitude de cousas por facer e de oportunidades para crecer. Vivín en Monteporreiro durante varios anos e son unha namorada do barrio. Tamén pasear polas rúas do Casco Vello é un gustazo, sobre todo cando o sol nos deleita coa súa presenza. A praia e o monte son os meus plans favoritos, así que pode dicirse que en Pontevedra témolo todo.
Descargar