Uxía Couto

Nacín en Madrid, e con 2 aniños comecei a formar parte da terra galega vivindo en Pontevedra. Son integradora social en proceso de Educadora Social, que loita cada día por conseguir unha sociedade xusta, igualitaria e segura para todos os seres vivos.

Son unha persoa soñadora e quizais algo utópica. O meu soño? Poder vivir con plena liberdade nun entorno saudable e de respecto mutuo en todos os ámbitos. Utópica? Un pouco, pero gústame pensar que formo parte dunha revolución, que intenta cambiar as cousas para mellor, traballando no presente, previndo o futuro, e lembrando o pasado, porque coñecer a nosa historia, a nosa memoria é primordial para poder crecer con conciencia, con argumentos e experiencia. Son polifacética a niveis extremos, é dicir, fáltanme horas do día para facer máis cousas das que xa fago, e xa non é estraño para min escoitar á xente dicir que estou metida en todo, porque é certo, e aínda que me pese moitas veces no corpo, encántame formar parte plena do mundo. Vivo rodeada de cativos e cativas que non deixan de aprender de min, e eu delas, unha experiencia marabillosa e emocionante, ver crecer ás persoas e poder ser parte do desenvolvemento dos seus valores e da súa conciencia. Se tivese que resumir a miña experiencia vital de forma moi breve, basearíame en tres aspectos principais: o traballo constante, o voluntariado comprometido e o activismo político e social, sacando sempre algún pedaciño de tempo para desfrutar da liberdade de perderme na música, na natureza ou nas amizades, sendo todo isto o remedio máis efectivo para o benestar da mente e da ialma.

Biografía de Uxía Couto

Descargar

Biografías Relacionadas