Belén Diz Juncal

Aínda que natural de Bueu, reside en Pontevedra onde se graduou en Belas Artes e titulou no mestrado Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, esta ilustradora dedícase a consumir bolígrafos, raiando nun papel infinidade de realidades que pretenden completar a súa propia.

O meu traballo engloba diferentes temas e disciplinas entre as que destacan a idea da infancia, o corpo e fogar como refuxio, polo que podo dicir que os meus desexos e soños son os mesmos: construír o meu propio refuxio na creación e representación de lugares, ideas, miradas, sentimentos, que poidan facer sentir a salvo os demais, realidades que transmitan e nas que as persoas que se topen co meu traballo se poidan sentir acollidas.

Biografía de Belén Diz Juncal

Descargar

Biografías Relacionadas