Marta Pazos

Pontevedra, 1976

Marta Pazos (Pontevedra, 1976) é directora de escena, dramaturga, escenógrafa e artista visual. É pedagoga artística e profesora en Universidades e escolas especializadas en escena. Recibiu galardóns importantes polo seu traballo pero o mellor de todos é ser a nai de Olivia e Noel. Con iso si que lle tocou a lotería!

Pontevedra é a cidade da miña infancia onde comecei a miña andadura artística. Desde moi pequena comecei a frecuentar as clases do pintor Aramburu e na adolescencia non saía do estudio do pintor Norberto Olmedo apaixonábame pintar e aprendín moito deles. Despois entrei na facultade de Belas Artes animada pola miña nai que é unha visionaria. Marchei aos vinte anos para estudar a especialidade de pintura a Barcelona e xa quedei vivindo fóra pero regreso tódolos veráns para ir as festas da Peregrina e para bañarme na praia de Lapamán coa miña familia.

Biografía de Marta Pazos

Descargar

Biografías Relacionadas