Paula Andrés Padín

Graduada en Comunicación Audiovisual. Dedícase tanto á fotografía como á videografía, interesándose especialmente no eido documental.

Ir de cativa a Pontevedra era toda unha aventura, podía pasar calquera cousa, ben fose sufrir na butaca do teatro principal porque un mago non daba saído do tanque de auga no que se metera ou desaparecerlle aos meus pais nas festas de San Xosé de Campolongo porque, como non ía colarse unha nena detrás dos monicreques para saber como funcionaban?!? Pero sen dúbida, o mellor momento do ano chegaba no vran cando miña irmá, meus primos e máis eu subiamos o tren da bruxa para escapar entre berridos dos famosos escobazos! Se algo sacamos en conclusión é que entre tanto escapismo e tanta bruxa, dende logo maxia hai en Pontevedra!

Biografía de Paula Andrés Padín

Descargar

Biografías Relacionadas