Andrea Iglesias Moreira

Andrea Iglesias Moreira (1992), natural de Mourente, enxeñeira industrial e profesora de ensino secundario de ciencias, na especialidade de tecnoloxía. Amante da lectura, dos idiomas, do arte e da aprendizaxe permanente.

Tiven a grandísima sorte de criarme no rural e de medrar no seo dunha familia humilde, bondadosa e xenerosa. Son múltiples os recordos que teño dende cativa percorrendo a senda do río Lérez de Pontevedra en bicicleta xunto coa miña irmá, seguida dende non moi lonxe polos meus pais e a miña avoa, o meu primeiro referente feminino, unha muller loitadora, sen aceso á educación dende os oito anos, pero sen dúbida, intelixente e traballadora.
Este é un dos motivos polos que decidín que buscaría facer aquilo que me fixera feliz, poñendo sempre da miña parte para axudar e aportar algo aos demais. Un soño inalcanzable? Non o
creo… Aqueles que me coñecen din de min que son una persoa con inquietudes, con ganas de aprender, que tan rápido estou cociñando ou traballando coma lendo ou pintando. Con moitas ideas na cabeza? Seguro! Pero algunhas delas xa viron a luz e espero que pronto as sigan outras. Moitas das miñas motivacións xorden grazas á ampla oferta cultural accesible en Pontevedra, a miña cidade querida, que me permite formarme día a día e poñerme en contacto con persoas apaixonadas das ramas das letras e das artes que me inspiran e que suman ao mundo.
Actualmente paso a meirande parte dos meus días rodeada de rapaces e rapazas, cada un deles protagonista da súa realidade, diversa e plural, que non me deixan de ensinar que a educación é algo máis que un taboleiro e un xiz, é unha conexión, un entendemento, unha implicación, un interese, un respecto mutuo. Por que non seguir enchendo o corazón de experiencias e momentos inesquecibles?

Biografía de Andrea Iglesias Moreira

Descargar

Biografías Relacionadas