- Biografía
- Audios
- Videos
Comecei a estudar Belas Artes en Pontevedra e rematei en Barcelona. Fixen estudos superiores en Deseño Gráfico, Interiorismo e Interpretación. Traballei como ilustradora, fotógrafa e deseñadora gráfica. Deseñei xogos de escape. Desde 2019 centreime no teatro e no audiovisual, creando espectáculos, deseñando escenografías e vestiario. Actualmente dirixo o Estudio Casa Brava, onde xunto co meu equipo realizamos todo tipo de traballos creativos.
Pontevedra está sempre nos meus recordos de infancia e non só. As festas do colexio Sagrado Corazón, o coro da igrexa da Virxe do Camiño, as clases de debuxo e pintura con Norberto Olmedo e un sinfín de vellas e novas tradicións que teño a sorte de seguir facendo, como frecuentar a praia de Lapaman, visitar o Museo e ainda agardo con ilusión a saída dos programas de verán para organizar as miñas vacacións todos os anos.
Descargar