Olga Torres

Olga Torres (1974), pontevedresa de 4ª xeración. Profesora de matemáticas e asesora educativa. E dende que tiven que axudar ó meu fillo a estudar: asesora e creadora de recursos para a lectoescritura na dislexia e neurodiversidade. 

Escollín quedarme en Pontevedra para formar a miña familia, e non me arrepinto, aquí temos unha moi boa calidade de vida. E grazas á conexión web podo facer un labor de asesoramento e de formación por todo o planeta sen saír da cidade de Pontevedra.

Din que cando miras cara atrás, os puntos diversos da túa vida alíñanse: o amor a lectura e os libros, os estudos de enxeñería, a creatividade, o emprendemento, as matemáticas, ser nai, traballadora, docente,… todo iso e máis forman unha liña recta que se chama Littera-dys e que continúa nos meus perfís de Instagram sobre asesoramento para pais, mestres e editoriais que queren mellorar a atención a esta neurodiversidade tan habitual.

(texto escrito en tipografía OpenDyslexic, fonte gratuita)

Biografía de Olga Torres

Descargar

Biografías Relacionadas