Alicia Suárez

Docente de profesión e ilustradora de vocación. Nada en Pontevedra, cidade na que comezou a súa formación artística e que serviu de trampolín para levar algún dos seus personaxes de literatura infantil alén das nosas fronteiras.

Formei parte dunha das primeiras xeracións de estudantes e profesores de Belas Artes que reivindicaron no ano 1993 que a facultade tiña que ter un edificio propio. “Un berro por Belas Artes” que o pintor Laxeiro pintou in situ nas primeiras instalacións da facultade para mostrar o seu apoio aínda hoxe pendura da pared da facultade Belas Artes.

O 31 de xullo de 1990 foi inaugurada en Pontevedra a Facultade de Belas Artes, esta data marcará un antes e un despois na historia da nosa cidade. Os pontevedreses comezamos a afacernos a ver cadros de grandes dimensións paseando polas rúas da cidade e rapaces con grandes cartafoles de debuxos baixo os brazos.Nos primeiros tempos había caras estrañas ao atoparse con algunha instalación artística dos alumnos polas rúas da cidade. Agora estes estudantes e as súas obras xa forman parte indiscutible da paisaxe pontevedresa, facendo de Pontevedra unha cidade para sempre ligada á arte.

Biografía de Alicia Suárez

Descargar

Biografías Relacionadas