Elisabet Hillerud

Buscadora do silencio, observadora das pequenas cousas e apaixonada pola meditación creativa.

O eu marido e eu descubrimos Pontevedra en 2003 por casualidade, ou tal vez foi Pontevedra que nos atopou a nós porque tiña que ser así?

En Pontevedra empezou unha nova etapa para min como “galega”, nai e emprendedora.

Comecei a dar aulas usando un método chamado Zentangle, para ensinar e compartir como a creatividade pode darnos moitas alegrías e tamén ser unha ferramenta valiosa para combater estrés e preocupacións, en definitiva, para atopar paz mental e sentir benestar.

O meu desexo é de acompañar, axudar e inspirar ás persoas para que encontren e desfruten do seu lado máis creativo a través do debuxo. Que descubran que a meditación creativa é unha ferramenta valiosa e un espazo para desconectar e relaxarse, tan importante nun mundo onde a vida é cada vez máis rápida e esixente.

Biografía de Elisabet Hillerud

Descargar

Biografías Relacionadas