Eva Fandiño

Ilustradora cun imaxinario propio onde as mulleres son as protagonistas. Gústalle experimentar con diferentes materiais e soportes, por exemplo cerámica, téxtil ou madeira, tratando temas ligados á liberdade, feminismo e fogar.

Escollín asentarme en Pontevedra pola súa vinculación ás artes, aquí, xunto as miñas compañeiras, estou levando a cabo un proxecto autoxestionado chamado O Galpón Lab. Trátase dunha asociación cultural sen ánimo de lucro que pretende apoiar a artistas emerxentes da provincia e revitalizar a oferta cultural.

Biografía de Eva Fandiño

Descargar

Biografías Relacionadas