Sabela García

Sabela (1978), natural de Verín. Mandaleira, especializada na técnica do puntillismo e na xeometría sagrada. Contribuíndo, puntiño a puntiño, a facer o mundo máis bonito.

Pasei por Pontevedra, aló polo 2002 e perdinme polas rúas do casco vello (o meu sentido da orientación é moi mellorable, jeje). Nesa foi cando me namorei desta cidade, e como son moi afortunada, no 2005 vin vivir definitivamente á Boa Vila.
Aquí formei unha familia, son mamá de Lidia, o meu motor.
E por eses atrancos marabillosos que a vida nos pon, e nos sacan da nosa zona de confort, comecei a facer mandalas en puntillismo. Esta arteterapia é fundamental no meu proceso de sanación, son tantos os beneficios que me aporta, que hoxe dedícome a compartir os meus traballos e a ensinar como se fan.
Dixen xa que son unha muller moi afortunada? Pois iso!

Biografía de Sabela García

Descargar

Biografías Relacionadas