Andrea Canosa Argibay

Son natural de Xeve, nai e emprendedora, que combina a súa actividade como tradutora independente coa ensinanza de ioga.

Despois de ter vivido en diferentes países de Europa e Asia, estou feliz e agradecida de ter regresado á miña Pontevedra natal, lugar inspirador no que atopei os espazos e as persoas que me deron a oportunidade de desenvolver en paralelo as miñas dúas paixóns, o ioga e os idiomas. O meu soño é abrir nun futuro a miña propia sala de ioga, e poder seguir transmitindo as ensinanzas desta disciplina ancestral, porque creo que é unha ferramenta moi valiosa que contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas e a aumentar o seu benestar.

Biografía de Andrea Canosa Argibay

Descargar

Biografías Relacionadas