Baia Fernández de la Torre

Adestradora emocional e da risa, creativa, comunicadora, escritora.

Chego a Pontevedra con 18 anos para estudar e aos 21 comezo a traballar nesta cidade, nunca me desliguei dela. De nova soñaba con estar rodeada de xente da cultura, músicos, artistas escritoras… pero padecía dunha gran vergoña (aínda que non o parecera) que me impedía frecuentar os espazos onde se movía esta xente. Sen buscalo, atopeime inmersa no mundo audiovisual que me abriu as portas a todo o demais. Pontevedra tróuxome, xoves a xoves a oportunidade de vivir concertos a “50 centímetros” da artista, atopar grandes amizades, xerar colaboracións artísticas e coñecer espazos que son comunidade. Descubrín toda a maxia cultural e colaborativa que hai nesta cidade. Escribín parte do meu primeiro libro vendo solpores á beira do Lérez. Pontevedra é a cidade na que tódolos camiños levan a soñar.

Biografía de Baia Fernández de la Torre

Descargar

Biografías Relacionadas