Monse Torres

Actualmente traballo como nutricionista en Pontevedra. Son unha namorada da miña profesión xa que é moi bonito poder axudar as persoas a alimentarse ben para vivir máis e mellor.

Os meus primeiros recordos de Pontevedra son de cando tiña 4 ou 5 aniños, traíanme vestidiña de galega a bailar nas festas da Peregrina co grupo de baile do meu pobo. Anos despois, cando comencei a vir ao instituto, Pontevedra parecíame enorme e perdíame cada vez que tiña que saír del para facer algún recado, é incrible como se ve o mundo de grande cando un é pequeno… Aínda que xa non me perdo, se miro con atención, sigo descubrindo a diario cousas das que antes non me percatara da cidade, e iso e marabilloso.

Biografía de Monse Torres

Descargar

Biografías Relacionadas