Jone Ojeda

Psicóloga de profesión e por devoción. Actualmente dirixo o meu propio gabinete de psicoloxía, acompañando a moitas persoas a atopar o camiño cara o seu equilibrio interior.

Namorada de Galiza dende que teño uso de razón, e dende o 2011 de Pontevedra, lugar onde cheguei para comenzar unha nova etapa na miña vida. Esta cidade permitiume coñecer a persoas excepcionais, entre elas: mulleres marabillosas nas que poder apoiarme para aportar o meu grao de area na prevención e intervención na violencia de xénero, con proxectos como nAmorAndo. En Pontevedra boto de menos non ter pasado, pero encántame a posibilidade que me ofrece cada día o presente, para construír un futuro que albisco cheo de ilusión.

Biografía de Jone Ojeda

Descargar

Biografías Relacionadas