Neste momento estás a ver Continuamos coas conversas entre Herdeiras, mulleres de diferentes xeracións que comparten oficio

Continuamos coas conversas entre Herdeiras, mulleres de diferentes xeracións que comparten oficio

  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Como xa vos contamos, “Herdeiras” é un escenario de charlas entre mulleres de diferentes idades que pertencen ao mesmo sector laboral. Nesta ocasión, presentamos a Esther Casalderrey, deseñadora de téxtiles para o fogar, e a Sabela Juncal, deseñadora de moda, como as protagonistas da segunda peza audiovisual “Herdeiras. Na moda e a costura”.
Con elas viaxamos polos seus primeiros pasos no mundo da moda, o seu crecemento e a perspectiva da muller neste sector tradicionalmente feminizado.

No seguinte vídeo coñeceremos o oficio de marisqueo da man de Ana e Fátima.

 

Deixa unha resposta