Neste momento estás a ver Chega a edición dixital do mapa A pegada d’A Memoria das Mulleres no espazo público

Chega a edición dixital do mapa A pegada d’A Memoria das Mulleres no espazo público

  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

O programa A Memoria das Mulleres vén de lanzar a versión dixital do mapa “A pegada d’A Memoria das Mulleres no espazo público“, editado en papel o ano pasado. Este mapa pretende contribuír ao coñecemento e difusión da historia das mulleres de Pontevedra. As mulleres estiveron historicamente relegadas do espazo público. Unha das formas máis evidentes de exclusión é o carácter patriarcal e clasista da denominación de rúas, prazas ou edificios. E tamén a discriminación das mulleres na sinalética urbana e nas homenaxes escultóricas, nas que raramente aparecen con nome propio. É hora de que as mulleres conquisten o espazo público e a súa presenza se visibilice ao lle dar nome ás rúas e ás prazas, ao ocupar ocos na sinalética urbana, ao ser protagonistas na arte mural e ao cobrar vida nos roteiros guiados.

Como novidade tecnolóxica, incluíse neste mapa unha nova funcionalidade. Para alén de contar con versión en audio de todos os textos, eses audios poden activarse automaticamente ao aproximarnos dalgún dos puntos sinalados no mapa. Para iso só é necesario activar a xeolocalización do dispositivo móbil en canto paseamos polas rúas da cidade. Con esta ferramenta quérese facilitar a accesibilidade aos contidos do mapa, á vez que se dá un novo aliciente para o aproveitamento autónomo do mesmo.

Accede aquí ao mapa cos audios integrados e a nova funcionalidade (para dispositivos móbiles): https://www.dogrisaovioleta.gal/recurso/a-pegada-da-memoria-das-mulleres-no-espazo-publico/

Deixa unha resposta