Neste momento estás a ver Roteiro na Moureira
Momento do roteiro da Moureira.

Roteiro na Moureira

  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Lavandeiras, lañadoras, descargadoras de sal, subastadoras de peixe…son moitos os oficios que as mulleres de comezos e mediados do século pasado levaban adiante en condicións case de exclavismo, con salarios que a duras penas abondaban para sobrevivir, con xornadas longas e intensas, e sen recoñecemento social da súa contribución na economía. Recoller a súa memoria, e poñer en valor os traballos e oficios do antigo barrio mariñeiro da Moureira na beira do río Lérez son un dos obxetivos do proxecto ” Memoria de mulleres” da concellería de patrimonio da cidade de Pontevedra.

Olga Conde, de Etnoga patrimonio cultural fixo a visita guiada polo florecente barrio mariñeiro que foi perdendo pulo co paso dos séculos debido á peste, á perda do calado do río e ao crecemento da propia vila. O lavadoiro de Peilán, na desembocadura do río Gafos foi o punto de partida, no que tamén fixo de guía a alumna de 1º do CS Guía, información e asistencia turística Andrea Alfonso acompañada da súa avoa Carme, unha das mulleres entrevistadas que exerceu a profesión de marisqueira e lavandeira, e que cun gran sentido do humor supo transmitir a todo o auditorio tanto a dureza daqueles tempos como o agarimo pola súa profesión no mar.

As imaxes de Ruth Matilda Anderson, de The Hispanic Society of America, axudaron a poner cara á Punta do Morro, lugar onde se secaban as redes despois de encascalas e onde se ataban os panos para armalas, tal e como explicaron os alumnos Lidia Fernández e Cristian Castillo no antigo almacén de sal, hoxe recuperado como vivenda e no que traballaba Mansita, a última descargadora de sal todavía viva, as oficinas e escaleiras de Carrascal, as vivendas mariñeiras, a relación entre Ons e A Moureira…lugares todos eles con vivencias recuperadas grazas ás explicacións e colaboración de mulleres como Josefa Barcia, Ramona Domínguez, Rosa García, Lola García, Carme… e moitas máis coas que temos a sorte de poder conversar e aprender sobre a vida das que son as nosas nais e avoas.

Deixa unha resposta