Isabel Barreto, Elisa Patiño Meléndez ou Ernestina Otero son tres exemplos de mulleres singulares, que conseguiron afastarse do ámbito doméstico e facerse oco nos espazos públicos, tradicionalmente reservados aos homes. Esforzo, constancia e intelixencia marcaron as súas vidas, fixéronas sobresaír en oficios e profesións, destacar entre os homes e acadar grandes logros. Mais o seu labor quedou no anonimato, como o de moitas outras mulleres.
Desde a Idade Media até a actualidade, hai numerosos exemplos de pioneiras esquecidas e silenciadas, que non foron recoñecidas nin tiveron espazo propio na historia; mulleres que se viron obrigadas a loitar contra os prexuízos e estereotipos dunha época que non as consideraba capaces de traspasar as fronteiras dos coidados familiares.
Viaxemos no tempo e coñezamos ás pioneiras pontevedresas a través desta liña do tempo: