Liña do tempo: Historia do proxecto

  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

A memoria das mulleres é un proxecto que bota a camiñar de man do Concello de Pontevedra en 2013 para dar a coñecer e visibilizar a historia das voces silenciadas, das mulleres esquecidas polo tempo. Recuperar toda esa historia e toda esa memoria foi un proceso longo e, desde aquela, leváronse a cabo homenaxes, roteiros, conferencias, xornadas… Todas baixo a finalidade de contribuír ao coñecemento e difusión da historia das mulleres no ámbito territorial do concello de Pontevedra.

Lémbraste da inauguración da exposición Do gris ao violeta? Cando foron as xornadas Represaliadas e resistentes? As costureiras de Lérez tiveron algún acto de homenaxe? E as traballadoras de Pontesa?

Fai memoria connosco e redescubre a historia deste proxecto desde os seus comezos a través da nosa liña do tempo:

[Ver en pantalla completa]

Deixa unha resposta