Neste momento estás a ver Acto ‘5 anos construíndo a historia das mulleres’
Tarxeta de convite do acto de presentación da web DoGrisAoVioleta.gal.

Acto ‘5 anos construíndo a historia das mulleres’

  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

O Concello de Pontevedra organiza un acto para conmemorar os cinco anos de traxectoria do programa A memoria das mulleres e presentar a páxina web dogrisaovioleta.gal. Baixo o título 5 anos construíndo a historia das mulleres, o acto terá lugar o sábado 26 de xaneiro, ás 19h no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) e contará coa participación do concelleiro de Patrimonio e Memoria Histórica, Luís Bará e coa actuación musical do grupo Comando Foucellas.

Ao longo destes anos procurouse rescatar os nomes, as biografías e de ser posíbel os rostros das mulleres comprendidas en tres ámbitos: o das pioneiras, o das traballadoras e o das represaliadas e resistentes. Para iso traballouse na compilación da documentación, bibliografía, hemeroteca, imaxes e arquivos de son e vídeo que puidesen existir sobre elas, e ademais realizáronse ducias de entrevistas que puidesen achegar novas informacións. Nese empeño fóronse realizando actividades e publicacións, exposicións, colaborouse en artigos e programas de radio, nomeáronse rúas, graváronse para sempre nomes de muller en placas, pintáronse murais…E agora, ao cabo destes cinco anos preséntase esta páxina web dogrisaovioleta.gal, onde se recolle boa parte do traballo realizado.

 

Deixa unha resposta