Pontevedra rende homenaxe ás vítimas pontevedresas do nazismo

O sábado 6 de abril, o Teatro Principal de Pontevedra, foi o escenario escollido para homenaxear a Manuel Coto Martínez, Urbano Sanmartín Abilleira, Antonio Gómez Torres, Claudio Tizón Vázquez, Macario Cortegoso Rodríguez, Manuel Pérez Taboada e Ramón García Martínez, vítimas do nazismo.

O acto, impulsado desde a Concellaría de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra, contou coa participación de Pilar Pérez, sobriña de Manuel Pérez Taboada; de Luís Bará, concelleiro de Patrimonio Histórico; de Xosé Álvarez Castro, historiador e investigor; e da escritora e investigadora Montse Fajardo. O evento contou tamén coa intervención musical de Marcelo Dobode e Luís Martínez.

Con esta homenaxe quérese facer público, despois de décadas de silencio e de esquecemento, o recoñecemento destas persoas e da súa loita contra o fascismo.

Vídeo do acto:

 

Comparte!

Deixa unha resposta