En 1937, Mercedes Magdalena García partiu rumbo ao exilio bonaerense xunto aos seus irmáns, Severino e Ángel, e o seu home, Constante Estévez Casalderrey, que xa cruzaran a fronteira en setembro de 1936 para intentar fuxir...
Aquel 20 de xullo de 1936 en que os golpistas tomaron Pontevedra, Amelia Sobral baixou de Salcedo co sacho, que era o que tiña, para intentar defender o goberno lexítimo e con el...
Xa de pequena, Lali Carro tiña que faltar á escola para poder axudar ao seu pai co gando. E todo empeorou cando a súa nai, Amelia Sobral, finou deixando atrás sete ...
Rita era moi nova cando a súa irmá Nieves finou no decembro de 1932, deixando orfas a cinco criaturas, o maior con oito anos e a pequena de dous meses...
Dolores García, Lita Arosa como lle chamaba a súa xente, era herdeira da memoria do seu home, Cané Paz, -orfo de Ramiro Paz, fusilado o 12 de novembro-, e tamén do seu pai, Ángel García Arosa, Angelito Arosa, un nome para sempre unido á bonhomía e á solidariedade...
A súa ideoloxía de esquerdas fixo que Carmen Ferreira Peón fose ameazada moitas veces coa rapa, mais librouse pola mediación de xente de dereitas coa que traballaba en Sanidade...
Manuel Fraga Fentanes afiliarase á Sociedade de Oficios Varios e tamén a de Agricultores de San Xurxo de Sacos. Por iso o mataron o 10 de agosto de 1936. Cando estaba emigrado na Arxentina, Balbina...
Encarna Silva con outras mulleres na visita aos presos do batallón de traballos forzados.
É a primeira imaxe que vén á cabeza cando se fala da represión franquista contra as mulleres: o cranio pelado. E o certo é que, aínda que tamén foi rapado algún home, elas foron as principais…
Asunción agardou dentro dun coche, na porta mesma do Goberno Civil, a que o seu home, José García Vidal, acudise a declarar en favor de Alexandre Bóveda no Consello de Guerra celebrado o 13 de agosto de 1936. Cando rematou marcharon para Carballedo...
Na casa de Celia a Ghimarana sempre se dixo que fora rapada “por 'bolichera', porque subiron outras mozas do Pazo ao camión e ela foi alí ver a onde as levaban”. Mais o certo é que pertencía a unha familia de esquerdas...