Julita, da polbeira Fidel, de nena a preparar o polbo.
O polbo ten na cidade de Pontevedra, entre outros, un referente recoñecido: a polbeira Fidel. Naturais de Ourense, a familia instalouse en Marín cando foi do tempo da guerra e desde alí comezaría a súa actividade na arte do cociñado e venda do polbo. O matrimonio e as súas tres fillas (Sira, Olga e Julita) puxeron en marcha un negocio do que aínda hoxe se garda memoria entre a veciñanza pontevedresa.
Con vinte e dous anos, Lola Lois casou con Ramiro Paz, que tiña dezasete máis ca ela e acababa de enviuvar da súa primeira muller, Pura Beloso, con quen tivera dúas fillas e tres fillos...
O ano en que se proclamou a II República, Asunción Vilas estaba traballando na lonxa de Marín, e nin a súa pouca idade -dezaoito anos-, nin a súa pertenza a unha familia conservadora evitaron que se implicase na loita sindical que agromaba entre as súas compañeiras...
Filla de Manuel María de Vila e Mª Concepción Soneira, medrou familiarizada coa arte tipográfica que exercía o seu pai en Compostela. En 1853 casa con Juan Verea Vila, que se integra no obradoiro familiar...
Filla de Rosario Malvar Sanmartín, Rosa comezou vendendo rosquillas e licores nas feiras coa nai. De nova aprendeu a coser e andou de costureira polas casas, mais un día, aos 30 anos, no camiño de volta...
Cando tiña 11 anos Rosa deixou o seu primeiro emprego. Non aguantaba tanto traballo como se lle pedía no Pazo de Gondar, en Santa María de Xeve, onde se encargaba de muxir as vacas...
Cando foi moza pasou “moi mala vida”. Filla de Matilde García Ruibal, andou desde moi nova ao xornal e traballou para a Deputación na repoboación do monte e na construción de pistas e...
Obradoiro de casa de costura en Pontevedra.
As costureiras da segunda metade do século XX afástanse moito das descritas nas cantigas do “Cancioneiro da agulla” e que resume na introdución o compilador Armando Cotarelo Valledor*: “Segundo é de supoñer, xastres e costureiras cadran…
Carmen tivo que “atender a todo”. Naceu en 1942 en Santa María de Xeve e pronto quedou orfa de nai, a cargo da súa avoa, quen precisaba do seu traballo para manter a casa...
Milagros aprendeu a coser coa súa nai, Marina. Erguíanse xuntas e comezaban a coser ás seis da mañá. Ás sete facían un descanso, comían un anaco de pan de millo, “poñían unha copiña de augardente encima”...