Erundina Abreu Guerra
Erundina Abreu Guerra
Biografía

Erundina Abreu Guerra

Erundina naceu en Lourizán no ano 32. Xa con catro anos lembra ir traballar na praia coa nai, quen facía o posible por alimentar nove fillos, mesmo vendendo peixe polas aldea...

Amelia Ferreira Peón
Amelia Ferreira, á dereita, e a nai, Carmen.
Biografía

Amelia Ferreira Peón

Nada dez anos antes do golpe de Estado, Amelia Ferreira Peón ben sabe o que é traballar arreo e aínda así pasar fame. Á carestía de moitas crianzas de posguerra engadíase, no seu caso, a pertenza a unha familia de esquerdas...

Dolores Sartal Villar
Dolores Sartal
Biografía

Dolores Sartal Villar

Dolores comezou a traballar desde moi nova, cando tiña aproximadamente 11 anos. Non tiña moitas outras alternativas sendo a maior de sete irmáns. Nos días de choiva, cando non podía ir traballar, ía á escola pero non era unha prioridade.

Carmen Soto Farto
Carmen Soto Farto
Biografía

Carmen Soto Farto

Carmen Soto foi mariscadora de profesión. A súa vida transcorreu sempre ligada á praia tanto que, de non ser porque súa nai marchou para a casa no momento certo, tería nacido no medio dos berberechos e das ameixas...

Adolfina Moledo Esperón
Adolfina Moledo Esperón
Biografía

Adolfina Moledo Esperón

Adolfina Moledo Esperón traballou toda a súa vida de mariscadora, oficio que aprendeu de seus pais e que lle permitiu sacar adiante os seus tres fillos aínda cando ficou viúva...

De feira coa polbeira Fidel
Julita, da polbeira Fidel, de nena a preparar o polbo.

De feira coa polbeira Fidel

O polbo ten na cidade de Pontevedra, entre outros, un referente recoñecido: a polbeira Fidel. Naturais de Ourense, a familia instalouse en Marín cando foi do tempo da guerra e desde alí comezaría a súa actividade na arte do cociñado e venda do polbo. O matrimonio e as súas tres fillas (Sira, Olga e Julita) puxeron en marcha un negocio do que aínda hoxe se garda memoria entre a veciñanza pontevedresa.

Dolores Lois Soto
Dolores Lois Soto.
Biografía

Dolores Lois Soto

Con vinte e dous anos, Lola Lois casou con Ramiro Paz, que tiña dezasete máis ca ela e acababa de enviuvar da súa primeira muller, Pura Beloso, con quen tivera dúas fillas e tres fillos...

Asunción Vilas, A Vidala
Asunción Vilas, A Vidala.
Biografía

Asunción Vilas, A Vidala

O ano en que se proclamou a II República, Asunción Vilas estaba traballando na lonxa de Marín, e nin a súa pouca idade -dezaoito anos-, nin a súa pertenza a unha familia conservadora evitaron que se implicase na loita sindical que agromaba entre as súas compañeiras...

Antonia Vila
sen imaxe
Biografía

Antonia Vila

Filla de Manuel María de Vila e Mª Concepción Soneira, medrou familiarizada coa arte tipográfica que exercía o seu pai en Compostela. En 1853 casa con Juan Verea Vila, que se integra no obradoiro familiar...

Rosa Malvar Sanmartín
Rosa Malvar Sanmartín, Rosa de Mirón
Biografía

Rosa Malvar Sanmartín

Filla de Rosario Malvar Sanmartín, Rosa comezou vendendo rosquillas e licores nas feiras coa nai. De nova aprendeu a coser e andou de costureira polas casas, mais un día, aos 30 anos, no camiño de volta...

Final do contido

Non hai máis páxinas por cargar