Visitación Núñez Castro

Visitación Núñez Castro, Chicha Pomba, é a terceira de catro xeracións de mariscadoras. Dedicouse desde os doce até os 65 anos ao marisqueo, polo que tivo que deixar a escola sen saber ler nin escribir. Foi con dezasete anos que foi a aulas nocturnas para aprender.

A ribeira non sabía de enfermidades nin de cambios de tempo; acudíase con febre, frío, choiva. Tampouco sabía de festivos, como en Noiteboa cando se ían coller as ameixas para enviar a Madrid e Barcelona, entre outros sitios. Lembra Chicha que era tal a riqueza da ribeira que, mentres que outras praias tiñan que comprar ameixa para sementar, a de Lourizán distribuía para outras praias.

Biografía de Visitación Núñez Castro

Descargar

Biografías Relacionadas