Falar en Pontevedra das Corseteiras é falar da solidariedade. As irmás Aurora, María, Nieves e Nicereta Martínez Fernández coincidiron no cárcere con Emma Mourón e co seu fillo Carlos, que era un bebé de meses cando a súa nai foi detida...
Milagros aprendeu a coser coa súa nai, Marina. Erguíanse xuntas e comezaban a coser ás seis da mañá. Ás sete facían un descanso, comían un anaco de pan de millo, “poñían unha copiña de augardente encima”...
Cesárea era moi coñecida pola veciñanza de Santo André e Santa María de Xeve e Campo Lameiro, onde durante moitos anos fixo a repartición...
Converteuse por casualidade na primeira muller vocalista de orquestra nun tempo, os anos finais da década dos 50, en que subir aos palcos das verbenas era, como o coñac Soberano, cousa de homes. A primeira vez que actuou en público foi nunha homenaxe que se lle facía aos bombeiros no Teatro Malvar.
Mercado de Pontevedra.
No documento en PDF que se ofrece para descarga resúmense os conflitos sociais producidos no Concello de Pontevedra durante o século XIX e a primeira metade do XX. O repaso realízase...
Muller intrépida, partiu de Galiza ao Perú, no s.XVI. Foi famosa a súa presenza nas expedicións polas costas do Pácifico. Xenerala e almirante, á morte do primeiro esposo, continuou con Fernando de Castro navegando polos mares...
A decana das taxistas. Tiña carné de conducir desde 1923, cando había 1417 na provincia de Pontevedra e ela era a única muller que o tiña...
Ernestina Otelo Sestelo dedicou a súa vida a formarse como profesora e a compartir co seu alumnado a súa paixón polo ensino. Firme defensora dun modelo educativo renovador e dos dereitos da muller, a súa vida divídese entre os moitos logros profesionais alcanzados durante a II República...
Sesenta e tres anos vendendo lamberetadas a xeracións e xeracións de crianzas pontevedresas. María a do Carrillo é moito máis ca unha faciana do noso comercio, foi unha cómplice para esa rapazada que...
Dolores Calviño foi a Señora Lola. Dicir iso en Pontevedra é moito dicir. É falar dunha paixón, pero tamén dunha devoción, e dun traballo escuro, aínda que ela sempre buscaba luminosidade nas roupas daqueles que tanto quixo, os xogadores do Pontevedra C.F...