Isabel Barreto

De Isabel Barreto non se ten certeza de se naceu en Pontevedra na década de 1560 ou en Lima (Perú), no seo dunha familia acomodada de comerciantes. En 1586 casa con Álvaro de Mendaña, adiantado das Illas Salomón, título concedido por ser o primeiro europeo en pisalas. Isabel Barreto dedica o seu dote para financiar unha segunda viaxe ao arquipélago e reunir as catro naves que en 1595 os levan ás Illas Salomón. Pouco despois de desembarcaren na Illa de Santa Cruz (actual Ndende) morre o marido, deixando por testamento a Isabel como adiantada das Illas e ao irmán de Isabel como almirante da expedición. Nunha escaramuza cos nativos morre o irmán, e Isabel Barreto convértese así na primeira muller almirante da historia. Logran percorrer a maior distancia feita naves españolas no século XVI: sobre 3.600 leguas mariñas, ao redor de 20.000 quilómetros.

Decide pór rumbo a Manila. Travesía que dura tres meses cunha tripulación doente, diminuída e disposta ao motín. Ordena un férreo racionamento de víveres que provoca a deserción de dous dos buques da expedición e case lle custa a vida, segundo a crónica do piloto do barco e conspirador maior, Pedro Fernández de Quirós. En 1596 chegan a Manila, onde é recibida con honras polo Gobernador. Aos poucos meses, casa con Fernando de Castro, sobriño do Gobernador. Volven ao Perú para organizaren unha nova expedición ás Illas Salomón, mais alí descobren que o piloto Fernández de Quirós conseguiu as licenzas de exploración dos territorios que ela considera seus. A pesar de anos de preitos e viaxese morreu ao redor de 1612, algunhas fontes din que faleceu en Castrovirreyna (Perú) e outras din que en Galiza.

Unha biografía reducida forma parte da Exposición ‘Do Gris Ao Violeta’

 

Biografía de Isabel Barreto

Descargar

Biografías Relacionadas