Neste momento estás a ver Nace a Avenida Virxinia Pereira Renda
Virxinia Pereira Renda. © Asociación Cultural Vagalumes

Nace a Avenida Virxinia Pereira Renda

  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Nun pleno que ficará para a historia, este 15 de febreiro de 2021 o Concello de Pontevedra aprobou mudar o nome da Avenida Xoán Carlos I para dedicarlla a Virxinia Pereira Renda. A decisión foi aprobada co apoio do goberno municipal conformado polo BNG e o PSdeG-PSOE.

Na nosa web pódese ler un polidíptico sobre ela, e unha biografía, creada por Montse Fajardo, quen tamén é autora da recente biografía “A vida incerta“.

Deixa unha resposta