Neste momento estás a ver Mourente na web dogrisaovioleta
Mourente na web dogrisaovioleta

Mourente na web dogrisaovioleta

  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Este sábado día 23 de marzo, ás 19.30 horas, preséntase no local da Antiga Escola de Cons a web dogrisaovioleta no acto que leva por título Mourente na web dogrisaovioleta.

Esta actividade forma parte dunha serie de actos que teñen como finalidade presentar a web dogrisaovioleta.gal nas diferentes parroquias do concello. Recentemente foi presentada nas parroquias de Salcedo e Ponte Sampaio, e ademais do acto de Mourente deste sábado 23, está prevista a súa presentación en Lérez, o día 29 de marzo, e Santa María de Xeve, o día 30 de marzo.

Mourente na web dogrisaovioleta
Coa celebración destes eventos preténdese, por un lado, dar a coñecer a web e os seus contidos á veciñanza das parroquias e, por outro, destacar toda a información que se recolle na web relativa a cada unha delas.
Mourente na web dogrisaovioleta fará un repaso pola historia recente da parroquia desde a perspectiva das súas veciñas recollida na web, das que destacan as biografías de mulleres represaliadas polo franquismo, como as de Isolina Villaverde, Otilia Meis Pinto ou María Domínguez Polín; os actos de homenaxe celebrados na parroquia ou os programas de radio emitidos sobre Mourente.

Deixa unha resposta