Isolita González Pérez

Isolita González Pérez é filla de Avelina Pérez Vázquez, directora da Normal de Pontevedra, e de Benito González Font, mestre e pianista. O seu nome ía ser María Isabel, chamándolle “Isabelita” na intimidade, pero debido a un erro no rexistro acabou sendo inscrita como Isolita. Ao igual que o resto das irmás (Digna, Fidela e Alicia) e do irmán, Cástor, realiza os estudos de mestra na cidade e aprende canto e a tocar o piano desde ben pequena. A familia vive na segunda planta da escola feminina, no edificio García Flórez neste momento, hoxe Museo de Pontevedra, e aquí van recibir artistas da sociedade burguesa e ilustrada da Pontevedra de finais do século XIX e principios do XX.

A futura catedrática de música vai casar co seu mestre de piano, o compositor Manuel Chaves Rodríguez, artista de talla internacional con quen actúa en varias ocasións. A familia non estaba conforme con esta voda debido á diferencia de idade, pero seguirán adiante e van ter tres fillas e un fillo: María, Matilde, Luísa e Pablo. El foi un pianista e compositor distinguido, nomeado membro numerario da Academia de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario en 1962, ademais de autor do Himno da Peregrina.

O pai nace en Santiago de Compostela, pero cando regresa a Galicia da súa formación en París e Milán, vai vivir na Coruña, cidade onde o matrimonio casa. En 1891, o artista dirixe a orquestra que toca durante o traslado dos restos de Rosalía de Castro a San Domingos de Bonaval. Un ano despois, a familia Chaves González trasládase a Santiago de Compostela, onde reside na rúa Hortas, 5. Manuel Chaves faise cargo da dirección da banda do Teatro Principal, ata que en 1894 marcha para Buenos Aires, renunciando ao seu posto en Compostela. Volve dous anos despois, morrendo en 1897.

Isolita segue o camiño da oposición, traballando primeiro como substituta e auxiliar, ata que consegue a praza de mestra na Normal feminina. En 1901, imparte as materias de aritmética, xeometría, xeografía, historia e dereito e lexislación. O 10 de febreiro de 1908 consegue a cátedra de música da Escola Normal Superior de Mestras de Pontevedra. Meses despois, o xornal La Libertad interpón unha acusación sobre os abusos de varias mestras que están dando clases particulares ao alumnado, incluíndo á nova catedrática. Este artigo verase contestado por La Correspondencia Gallega, quen enarbora a defensa da súa inocencia, sendo replicada novamente polo primeiro. Este tipo de comunicados vanse atopar novamente dous anos despois, onde no Diario de Galicia desdinse, comentando que a información sobre as clases particulares ofrecidas pola pianista era inexacta.

En 1918, o seu irmán Cástor cesa como mestre interino de música da Escola Normal de Mestres, sendo nomeada a artista no seu posto. Incorpórase no ano 20, converténdose así na primeira muller que dá clases no maxisterio masculino da cidade.

Toda a súa familia estivo intimamente ligada ao Círculo Antoniano, continuando as súas fillas coa tradición de organizar no convento de San Francisco a celebración da misa do seu patrón, Santo Antonio de Padua. Dentro deste Círculo, a pianista con María Rodríguez instrúe o Orfeón da Escola Nocturna Obreira, ensaiando nos baixos do convento. En 1922, Isolita toca o órgano na misa ofrecida por este grupo a San Xosé, o patrón dos obreiros. A pianista será recoñecida como unha artista distinguida, participando en moitas veladas musicais, como o concerto en que acompaña aos barítonos Mercadillo e Torres, entre outros, ofrecido en marzo de 1908.

Xa en 1932, coa República instaurada, comezan os cambios no ámbito pedagóxico. Así, nun claustro das escolas foméntase a creación dun coro e unha “rondalla”, para ser dirixidos pola catedrática de música. A xubilación da mestra “normalista” chega en 1940 e morre seis anos despois na súa amada Boa Vila. O seu xenro, Augusto Guillermo Biénzobas Lon, marido da violinista María Chaves, dedícalle unha preciosa necrolóxica:

ERA MI LLAMADA…

A mis hermanos, hijos y
esposa, con tristeza cordial.

Sin curarse del tiempo que hacía,
con vientos, con nieblas,
con tristes orballos,
con duras escarchas, fuese como fuera,
todas las mañanas iba a su misita,
siempre tempranera.
Era mi llamada.
– ¡Ya marcha la abuela!
Siempre despacito, con mucho cuidado,
cerraba la puerta,
y unas firmes pisadas de joven
sonaban por las escaleras.
Daba gusto, a sus años, sentirla
como una mozuela,
sin miedo a la lluvia, siempre a su misita,
tan terne y tan tiesa…

………………………………………………………………..

Yo noté una mañana su esfuerzo,
su callado esfuerzo, cuando abrí la puerta.
No quise alarmarla, pero en la fatiga
que disimulaba, vi que estaba enferma.

………………………………………………………………..

Comprobé con horror, que la muerte
rondaba de cerca.

………………………………………………………………..

Y por fin, cayó en cama la pobre:
dócil, resignada, paciente y serena.
Un día tras otro, más de cinco meses,
pusieron a prueba
su temple de acero,
su santa paciencia.
Si pudiera existir un consuelo
para esta tragedia,
para esta congoja que deja en el alma
la hiel de ondas penas:
si pudiera existir un consuelo…
¡Todo lo ha tenido, todo a manos llenas:
mimos y caricias,
buenas enfermeras!
Nada le ha faltado. Todo a manos llenas:
cariños y besos, que ella agradecía
con esa sonrisa, tan suya y tan tierna.
¡Más de cinco meses en cama la pobre,
y nunca ha exhalado ni una sola queja!
– ¡Vamos, abuelita, que ya queda poco!…
y haciendo un esfuerzo
con gesto de pena,
tomaba un sorbito,
como resignada
con dura condena.
………………………………………………………………..
Murió hecha una santa.
No tuvo la abuela
la dura agonía,
ni la horrible mueca
que impone la muerte
cuando un cuerpo siega.
Murió hecha una santa:
como lo que era.

………………………………………………………………..
Ahora, en la mañana,
cuando no la siento bajar la escalera,
a la hora de misa,
siento una tristeza…
¡Ya nunca en la vida, ya nunca en la vida,
le abriré la puerta!

21 de septiembre de 1946

Autoría: Etnoga

Biografías Relacionadas