- Biografía
- Audios
- Videos
En 1902, Fidela é nomeada como escribente na Normal de Pontevedra cun soldo de 750 pesetas anuais, cargo no que continúa durante o ano seguinte. Como o resto das súas irmás, estuda para exercer como mestra “normalista” na escola que dirixe a súa nai. En 1915, tense coñecemento da súa presenza como profesora en Arbo, cando pide unha licencia e nomean unha mestra suplente. Durante varios anos presentouse a oposicións para lograr a interinidade, xubilándose finalmente en 1954, cando pasa a cobrar 5.408,00 pesetas anuais.
As pequenas da familia González Pérez actuaban en diferentes ocasións no Liceo, sempre no ámbito da música, tocando o piano. Así, como a súa irmá participa no festival académico celebrado en Madrid con motivo da coroación de El Rei en 1902, acompañando o presidente da Deputación, José Boente.
Fidela casa na capela do Jesús Nazareno cun xornalista de Valladolid, Sebastián R. Carranza, en outubro de 1925, sendo madriña a súa irmá Isolita. Ambos os dous saíron en coche para Carballedo (Cotobade), facendo unha parada antes de iniciar a viaxe de noivos na casa familiar.
Autoría: Etnoga
Descargar