Roteiro Mulleres en San Amaro. Percorrido feminino polo cemiterio municipal

Xunto ao valor histórico e artístico do Cemiterio Municipal de San Amaro, con este roteiro preténdese pór en valor as mulleres soterradas no mesmo e a figura feminina en xeral. O itinerario está creado de forma circular, comezando polo recinto primitivo e continuando polas ampliacións para rematar na zona próxima á capela.

A necesidade que levou a construír este novo camposanto xurdiu en 1865, cando o existente, sito na Eiriña, comezaba a ficar pequeno e impedía o crecemento da cidade. Catro anos despois, o arquitecto municipal Ricardo de Aróstegui realizou un plano cun orzamento, malia que finalmente se levou a cabo o proxecto de Alejandro Rodríguez-Sesmero González na zona coñecida como Pedra do Largarto, no lugar de San Amaro da parroquia de San Mamede de Moldes. As obras realízanse entre 1876 e 1879, sendo bendicido o 29 de setembro de 1882 e aberto o primeiro día do mes de outubro dese ano.

Autoría: Etnoga

[Ver en pantalla completa] [Ver versión sen audios en Google Maps]