Roteiro sobre as mulleres represaliadas de Pontevedra

Este roteiro realiza unha andaina pola memoria das pontevedresas que sufriron a represión franquista, de xeito directo ou polo que supuxo nas súas vidas a exercida sobre os homes da familia. Iníciase ante o Concello, por ser o epicentro da loita pola República tras o golpe, e repasa despois os lugares de represión onde foron condenadas a morte, detidas ou vexadas algunhas das protagonistas do roteiro, que como nas rúas, realiza tamén paradas nos nomes propios. Mais o percorrido non camiña só polos mapas da derrota. Tamén visita espazos vinculados coa solidariedade, que sen dúbida tivo nome de muller, coa resistencia e coa propia memoria do acontecido na vila tras a sublevación fascista de 1936.

Son en total dez paradas centradas na zona urbana mais con referencias tamén a mulleres das parroquias, que foron condenadas a morte na Deputación, detidas na rúa que actualmente alberga a Audiencia ou vexadas no cuartel do Campo da Feira. Mulleres represaliadas e porén resistentes e solidarias.

Autora: Montse Fajardo

[Ver mapa en pantalla completa] [Ver versión sen audios en Google Maps]