Abrimos un novo espazo para a participación, unha proposta que nos permita pór enriba da mesa novos nomes de mulleres pontevedresas e pór en valor o legado feminino e histórico que as mulleres deixaron no noso concello, porque todas somos importantes e todas formamos parte da historia.
Trátase da elaboración de autobiografías, tanto propias como de algunha muller próxima á que queiramos entrevistar. É unha fórmula moi sinxela, aberta á participación de calquera persoa que así desexe facelo: Gustaríache que a túa avoa aparecese na nosa web? Cres que á túa veciña lle interesaría participar? Queres entrar a formar parte d’A Memoria das Mulleres? Non o dubides, agardámoste!
A seguir atoparás un documento que che explica como participar cunha nova autobiografía para a nosa web e tamén un documento que deberás asinar para que poidamos utilizar as fotos que nos envíes.
Accede ao PDF do ‘Instrucións autobiografía’ premendo aquí.
Accede ao PDF do ‘Autorización de uso de imaxe’ premendo aquí.
Es mestra/e nalgún centro de ensino? Gustaríache que o teu alumnado participara desta proposta? Desde A Memoria das Mulleres tamén temos unha opción para vós. A seguir deixámosche un documento de instrucións pensado para que participen os centros de ensino, outro cunhas breves pautas para realizar unha entrevista, e unha autorización de uso de imaxe para acompañar as entrevistas:
Accede ao PDF do ‘Participa desde o centro de ensino’ premendo aquí.
Accede ao PDF do ‘Recomendacións para facer unha entrevista’ premendo aquí.
Accede ao PDF do ‘Autorización de uso de imaxe’ premendo aquí.
Tes algunha dúbida? Ponte en contacto connosco en: info@dogrisaovioleta.gal