Acto ‘Mulleres e compromiso político e social’ en Pontevedra

Hoxe estivemos na Casa da Luz escoitando a dúas mulleres moi comprometidas con Pontevedra. Tivemos que excusar a Engracia Vidal, que non puido asistir por problemas de saúde, pero escoitamola e ollámola nunha peza audiovisual na que tamén pariticparon Nené González e Pilar Allegue.

Na conversa posterior, Nené González falounos de cómo se iniciou na loita social, recén chegada de América no ano 1969 e con cinco fillos. A eles quería amosarlles a súa Ría de Pontevedra, aquela na que ela navegara en piragüa, pero o que atopou foi un mounstrou instalado na súa beira que verquía escuma marrón naquelas augas nas que ela nadaba de cativa. Foron moitos ano ao frente da Plataforma pola Defensa da Ría, colectivo do que abandonou a presidencia cando se preferiu chegar a un acordo coa factoría nunha mañá no canto de sentar no banquillo durante meses aos responsables de acabar coa riqueza da Ría de Pontevedra.

Pola súa banda, Pilar Allegue descubriu a loita na Universidade. Cando esta nena de familia humilde e traballadora foi estudar a Madrid converteuse en activista por opció. Chegou a perder a beca da estancia na residencia universitaria por pegar carteis. Alí foi onde espertou e onde se concienciou sobre as problemáticas do momento, chegando logo a Pontevedra para formar parte dunha corporación municipal na que ela representaba ao nacionalismo. Recoñece que tiñan uns ideais moi claros porque viñan da clandestinidade pero considera que eran unha corporación moi diversa pero excepcional.

Vídeo proxectado durante o acto:

Comparte!

Deixa unha resposta