O sábado 23 de marzo presentouse na parroquia de Mourente a web dogrisaovioleta.gal
Este evento forma parte dunha serie de actos que teñen como obxectivo dar a coñecer a web nas diferentes parroquias do Concello de Pontevedra, destacando en cada parroquia aqueles contidos recollidos entre a súa veciñanza co obxectivo de que as veciñas e veciños coñezan de primeira man como se amosan na web.