Adolfina Moledo Esperón
Adolfina Moledo Esperón traballou toda a súa vida de mariscadora, oficio que aprendeu de seus pais e que lle permitiu sacar adiante os seus tres fillos aínda cando ficou viúva...
Adolfina Moledo Esperón traballou toda a súa vida de mariscadora, oficio que aprendeu de seus pais e que lle permitiu sacar adiante os seus tres fillos aínda cando ficou viúva...
O polbo ten na cidade de Pontevedra, entre outros, un referente recoñecido: a polbeira Fidel. Naturais de Ourense, a familia instalouse en Marín cando foi do tempo da guerra e desde alí comezaría a súa actividade na arte do cociñado e venda do polbo. O matrimonio e as súas tres fillas (Sira, Olga e Julita) puxeron en marcha un negocio do que aínda hoxe se garda memoria entre a veciñanza pontevedresa.
Cando tiña 11 anos Rosa deixou o seu primeiro emprego. Non aguantaba tanto traballo como se lle pedía no Pazo de Gondar, en Santa María de Xeve, onde se encargaba de muxir as vacas...
Cando foi moza pasou “moi mala vida”. Filla de Matilde García Ruibal, andou desde moi nova ao xornal e traballou para a Deputación na repoboación do monte e na construción de pistas e...
Salcedo viviu durante os anos 70 un dos episodios máis relevantes da súa historia, un episodio gardado aínda hoxe na memoria dos veciños e das veciñas protagonistas, e non protagonistas. Quen coñeceu esta parroquia descríbea como…
As costureiras da segunda metade do século XX afástanse moito das descritas nas cantigas do “Cancioneiro da agulla” e que resume na introdución o compilador Armando Cotarelo Valledor*: “Segundo é de supoñer, xastres e costureiras cadran…
Carmen tivo que “atender a todo”. Naceu en 1942 en Santa María de Xeve e pronto quedou orfa de nai, a cargo da súa avoa, quen precisaba do seu traballo para manter a casa...
Milagros aprendeu a coser coa súa nai, Marina. Erguíanse xuntas e comezaban a coser ás seis da mañá. Ás sete facían un descanso, comían un anaco de pan de millo, “poñían unha copiña de augardente encima”...
Cando ela tiña 16 anos a nai faleceu e o pai marchou para América, deixando tras de si a descendencia e múltiples débedas que nunca saldou. Ela, Matilde, que non fora á escola, comezou ben cedo a traballar como xornaleira...
Cesárea era moi coñecida pola veciñanza de Santo André e Santa María de Xeve e Campo Lameiro, onde durante moitos anos fixo a repartición...