O ano en que se proclamou a II República, Asunción Vilas estaba traballando na lonxa de Marín, e nin a súa pouca idade -dezaoito anos-, nin a súa pertenza a unha familia conservadora evitaron que se implicase na loita sindical que agromaba entre as súas compañeiras...
Isabel Bernárdez Gómez, Bela como lle chamaban na casa, tiña vinte anos cando foi do golpe de Estado. Acababa de rematar Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra e estaba afiliada á FUE (Federación Universitaria Española). Axiña...
María Domínguez non naceu en Pontevedra. A súa vinculación coa cidade chega en outubro de 1909, cando casa con Secundino Couto Solla, veciño de Mourente que no momento do golpe de Estado ocupaba a alcaldía...
A primeira detención do home de Maruja Álvarez, Jesús González, produciuse inmediatamente despois do golpe. O Suma, así alcumado por ser dono do bar Suma y sigue, puxera o coche de punto...
Isabel Gómez Costas era a muller de Telmo Bernárdez Santomé, fusilado o 12 de novembro de 1936 xunto a outros nove destacados republicanos. Era masón e chegou a ser xefe provincial de Izquierda Republicana...
A xastra María Luísa Rodríguez Pereira, coñecida en Lérez como A Chinita, foi detida varias veces tras o golpe de Estado. Daquela tiña dezanove anos e, segundo a súa familia, militaba nas Xuventudes Socialistas...
Peregrina Martínez Santos tiña 21 anos en xullo de 1936 e traballaba como mestra en Rouxique, no Concello de Sanxenxo. Integrante dunha familia moi comprometida coa II República, os golpistas afástana...
Falar en Pontevedra das Corseteiras é falar da solidariedade. As irmás Aurora, María, Nieves e Nicereta Martínez Fernández coincidiron no cárcere con Emma Mourón e co seu fillo Carlos, que era un bebé de meses cando a súa nai foi detida...
O 29 de agosto de 1936, unha das patrullas nocturnas que andaba a sementar de morte Pontevedra, quitou a Manuel Fernández Núñez da súa casa de Moldes. Non hai papel que amose militancia política...
Emma Mourón Álvarez foi incluída polos franquistas na causa aberta a varias mulleres polo presunto intento de secuestro a esposas de militares para evitar o triunfo do golpe. O seu sobresemento non evitou...