Neste momento estás a ver Estreamos un xogo interactivo para dar a coñecer A Memoria das Mulleres

Estreamos un xogo interactivo para dar a coñecer A Memoria das Mulleres

  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Con este cuestionario dixital preténdese favorecer unha aprendizaxe interactiva e participativa a través do xogo das adiviñas.

O programa A Memoria das Mulleres continúa a explorar e a poñer en valor o legado feminino e histórico que as mulleres deixaron na Boa Vila. Nesta ocasión, trátase dunha nova proposta que garda unha estreita relación co mural ‘Mulleres de Pontevedra na Historia’ (situado na rúa Poza dos Canos) e que adquire agora unha nova dimensión na web do proxecto ao contar cun xogo interactivo propio.

Este recurso lúdico funciona como unha visita virtual ao mural e nel poderemos premer sobre cada un dos números que acompañan as 23 mulleres que integran o mural. Como se se tratase dunha adiviña, obtemos dez pistas biográficas sobre cada unha destas mulleres que se agochan tras deses números para descubrir a súa identidade.

Non é suficiente? Non pasa nada. Podemos premer na solución para así aparecer o seu nome, xunto cunhas breves liñas sobre a súa vida e o seu legado, ademais dunha nova ligazón a unha biografía máis completa incluída na web dogrisaovioleta.gal

Nesta ligazón podes acceder ao xogo e pór a proba canto sabes de A Memoria das Mulleres.

Deixa unha resposta