- Biografía
- Audios
- Videos
Almacenes Clarita. ‘Las tiendas de todo para todo’. É un dos ‘mantras’ da memoria colectiva desta cidade. Polo megáfono de Pasarón soa ese lema desde quen sabe cando.
Almacenes Clarita, na praza da Ferraría, leva aberto desde 1916, co nome co que se coñecía a Clara López, aínda que xa antes a súa nai, María Santiago, vendía mandís ou teas na antiga feira que se celebraba naquela praza, e tiña un baixo nun edificio que se derrubou para logo crear o actual, no que se atopa este establecemento que, posteriormente, se ampliou a outro local en fronte del.
Xa na cuarta xeración da familia, sempre baixo o recordo da alma mater, Almacenes Clarita segue a ser toda unha referencia á hora de facerse con teas, alfombras, panos, sabas e moitos outros artigos relacionados con ese sector.
Lembrar a Clara López é lembrar unha muller chea de forza, capaz, en tempos ben complicados, de sacar adiante un negocio de éxito e tamén a unha familia de sete fillos da que ela mesma se ocupaba. Sempre ao pé do seu negocio, aínda a recordamos detrás da caixa dos seus establecementos cobrando e falando coa clientela. Clientela, como se adoita dicir, de toda a vida.
Autor: Ramón Rozas
Esta biografía forma parte da Exposición ‘Do Gris Ao Violeta’
Descargar