- Biografía
- Audios
- Videos
Rafaela era filla de Carlota Cabezas Carlés e de Francisco García Feijóo. Sendo unha nena, en 1919 participou nunha velada musical na Juventud Antoniana co futuro barítono Víctor Mercadillo. De moza, as súas funcións foron máis frecuentes, actuando por exemplo en 1928 nunha benéfica no Teatro Principal interpretando un papel da zarzuela “Buenas noches, señor Simón”. Nese mesmo ano de 1928 foi nomeada vice-secretaria da Juventud Católica Femenina. Casou con José Ruíz Giménez, tenente de artillería do rexemento de guarnición de Santiago.
Autoría: Etnoga
Biografía de Rafaela García Cabezas
Descargar
Biografías Relacionadas